Lecer e aventura no Concello de Santiago
O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convoca actividades de lecer e aventura para o verán 2013:
Campamento Pena Aventura.
Data de realización : do 8 ao 12 de xullo
Lugar: Parque Pena Aventura. Bustelo- Salvador. Ribeira da Pena (Portugal)
Destinatarios : rapaces e rapazas de 18 a 30 anos, empadronados no Concello de Santiago
Número máximo de participantes : 40 persoas
Prezo : 75 €
English Surf Camp
Data de realización : do 14 ao 21 de xullo
Lugar: Praia de Carnota. Albergue de Caldebarcos
Destinatarios : rapaces e rapazas de 14 a 17 anos, empadronados no Concello de Santiago
Número máximo de participantes : 25 persoas
Prezo : 120 €
Xornada Multiaventura
Data de realización : 23 de xullo
Lugar: Carcacía
Horario : De 10 a 20 h.
Destinatarios : rapaces e rapazas de 16 a 30 anos, empadronados no Concello de Santiago
Número máximo de participantes : 30 persoas (10 de 16 a 18 anos e 20 de 18 a 30 anos)
Prezo : 15 €
Para poder participar nas actividades débese entregar o impreso correspondente, debidamente cumprimentado.
Lugar: Os impresos presentaranse no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, (Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16) ou no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende).
Datas : do 21 de maio ao 26 de xuño.
Horario : en días laborables de 9 a 14 horas.
Taller de customización de camisetas
O taller, impartido polo artesán Alberto Vila, consistirá na decoración dunha camiseta empregando materiais diversos e orixinais, materiais asequibles como aramio, telas, fieltro,…
Datas de realización : Mércores, 3 de xullo.
Horario : de 17 a 21 h.
Duración : 4 horas
Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche
Destinatarios : mozos e mozas, a partir de 14 anos
Prezo : de Balde
Taller de cociña, cociña de picnic
Nesta actividade atoparás un lugar onde aprender e experimentar na cociña, divertíndote e compartindo momentos e experiencias, tendo a túa disposición os ingredientes e utensilios necesarios para confeccionar as recetas propostas.
Datas de realización : xoves 4 de xullo.
Horario : de 19 a 21,30 h.
Lugar: Hello Cooking (Rúa de Sar 96, Baixo)
Destinatarios : mozos e mozas, a partir de 16 anos
Prezo : 8 €
Máis información no Departamento de Xuventude. Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche. Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 543 001