publicidade hoxe

Lalín acollerá do 18 ao 19 de maio o Campionato Galego e Norte de España 2013 de Fisicoculturismo, cun total de 121 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLalínLocal
A-
A+

15052013-26Cun número récord de participantes nunha competición desta índole, un total de 121, arranca o sábado 18 de maio o Campionato Galego e Norte de España 2013 de fisicoculturismo en Lalín, que se celebrará no Salón Teatro do Auditorio Municipal ao longo da tarde do sábado e durante a mañá do domingo ata o mediodía.

Así o sinala o edil de Deportes, José Domínguez Caballero, que informa que “o sábado pola mañá terá lugar a tradicional pesaxe para establecer as categorías segundo os quilogramos; realizarase no Centro Comercial Pontiñas Gadis, no salón Forum Dezae de 10.30 a 12.30 horas. “Xa pola tarde, de 17 a 21 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o Campionato Galego onde tomarán parte 41 participantes de toda a xeografía galega”.

Domínguez anuncia que na tarde do sábado “sobre as 19 horas terá lugar a exhibición do posador invitado, Ramón González, presidente da Federación Galega de Fisicoculturismo e recentemente Campión de Europa Máster, que realizará unha das súas últimas actuacións xa que vén de anunciar a súa retirada neste ano”.

“O domingo 19, de 10 a 14 horas transcorrerá o Campionato Norte de España onde participarán por primeira vez un número record de participantes, o maior dos últimos dez anos, con nada menos que 80 en total”, salienta o concelleiro de Deportes.

“Este feito confírmanos a subida que está tendo en España nos últimos anos o fisicoculturismo e o gran tirón que ademais ten como espectáculo, posto que as 380 prazas do Salón Teatro prevese que se enchan”, remarca.

A entrada ten un custe de 15 euros por persoa e a recadación destinarase maioritariamente aos premios en metálico para os gañadores e gañadoras. José Domínguez tamén indica que o domingo sobre ás 10.30 horas terá lugar a realización da categoría bikini, que cada vez máis ten máis seguidores.

O edil de Deportes fai fincapé respecto á ocupación hoteleira que “se considera moi boa, posto que un total de 400 persoas, entre competidores, xuíces, acompañantes e comitiva completaron xa completaron tres establecementos hoteleiros de Lalín e prevese que os restantes estean ocupados parcialmente”.

15 de maio de 2013 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.