Juanjo Puigcorbé representará en Ferrol a obra teatral “Si supiera cantar, me salvaría. El crítico”
Os actores Juanjo Puigcorbé e Pere Ponce subirá mañá sábado ao escenario do Teatro Jofre para representar a obra teatral “Si supiera cantar, me salvaría. El crítico” escrita polo dramaturgo Juan Mayorga. A función dará comezo ás 20:30 horas e inicia a programación de maio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado.
A obra ten lugar na casa do crítico teatral Volodia a noite que recibe a inesperada visita de Scarpa, o autor da obra que acaba de ver e sobre a que está a punto de escribir. Nese encontro, longamente desexado e temido por ambos os dous homes, enfróntanse non só dúas formas de entender o teatro e o lugar que este ocupa nas nosas vidas. Enfróntanse tamén dous modos de estar na vida e finalmente, dous homes contra si mesmos.
Dous grandes actores farán ao público discorrer por un mundo íntimo, cheo de emocións, vivencias, reflexións, intelixentes e boas doses de humor. Puigcorbé e Ponce calzan as luvas e enfróntanse nun duelo interpretativo, do que os asistentes como auténticos voyeurs gozan á espera do asfalto final no que có papel de xuíces por parte do público e de forma inapelable ditan o veredicto.
Venda de entradas
As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 horas.











