IV Torneo Internacional Fútbol 8 e II Torneo Fútbol-Sala en Verín
O vindeiro 8 de xuño terán lugar, no Pavillón Municipal de Deportes e o complexo deportivo A Granxa, a realización do IV Torneo Internacional de Fútbol 8 (categorías prebenxamín e benxamín) e II Torneo de Fútbol-Sala (nas de benxamín, alevín e infantil).
No IV Torneo Internacional de Fútbol 8, que se disputará de modo íntegro no complexo deportivo A Granxa, participarán na categoría de prebenxamín os equipos CD Ourense, Antela CF, EF Benfica-Chaves, EDC Verín, UD Sanabria, EM Celanova. Mentres que na de benxamín estarán presentes EDC Verín A, GD Chaves, UD Sanabria, CD Ourense, EDC Verín B, EF Benfica-Chaves, Antela CF e Pabellón CF.
No caso do II Torneo de Fútbol-Sala, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes e no complexo deportivo A Granxa, os equipos participantes nas categorías benxamín, alevín e infantil serán: EDC Verín A, Azkar Lugo FS, EM Celanova, EDC Verín B, Vigo 2015 FS (Vigo), Troula FS (Betanzos).
Devanditos torneos, que se disputarán de 9 a 20.30 horas, están organizados polo Concello de Verín coa colaboración de Asociación de Empresarios/as de Verín (AEVER)-CCU Verín, Cabreiroá e Asociación Veteranos Verín. Os mesmos están integrados na sétima edición das Xornadas de Deporte e Saúde, que foron creadas co obxecto de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.