IV Premio “Avelino Hernández” de novela xuvenil
Co afán de potenciar e apoiar un xénero literario tan importante como a novela dirixida ao público novo, o Concello de Soria, decidiu continuar coa convocatoria do Premio de Novela Xuvenil “Avelino Hernández”, como homenaxe ao escritor soriano.
As novelas, de entre 80 e 120 páxinas, han de ser orixinais e inéditas, e escritas en castelán, de tema libre e dirixidas ao público xuvenil.
Destinatarios: Cada autor poderá presentar cantas obras desexe.
Data límite: 10 de setembro de 2013.
Premio: 6.000 euros.