publicidade hoxe

“Isi” e Celso Sanmartín traen este sábado a Cedeira o seu espectáculo “Dous son parella…”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraLocal
A-
A+

02052013-15O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 4 de maio, o espectáculo “Dous son parella… e ou demáis son calumnias”, protagonizado por José Manuel Ponte, “Isi”, e Celso Sanmartín. A actuación, incluída na programación cultural deseñada polo Concello para o mes de maio, comezará ás 20 horas e o prezo das entradas é de 2,5 euros.

“Dous son parella… e ou demáis son calumnias” é un conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último é rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todo todo está baseado en feitos reais”. “Isi” é un habitual colaborador de diferentes programas da TVG. Comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, colabora con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como A Solaina
ou Luar. O seu compañeiro sobre o escenario, Celso Sanmartín, é poeta, filósofo e cuentacuentos, un dos mellores da Comunidade.

Leva unha década percorrendo o país cos seus contos e provocando sorrisos a nenos e maiores.

2 de maio de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.