Inicio do proxecto do centro de día no Carballiño
A secretaria xeral de Política Social Coro Piñeiro, asegurou á edil de benestar e ao tenente alcalde do Carballiño, Purificación Alberte e Martín Nogueira, a viabilidade de acondicionar parte das instalacións da actual residencia do Carballiño para albergar un centro de día, moi demandado dende a vila do Arenteiro. Neste sentido, e confirmado as palabras da secretaria xeral, xa estiveron na residencia do Carballiño os técnicos da consellería para iniciar o proxecto das devanditas reformas.
A residencia de maiores e o centro de día eran dous dos temas que levaban na axenda os dous edís carballiñeses, que tamén conversaron coa directora xeral sobre a posibilidade de dotar ao centro sociocomunitario da vila dun local adaptado para sesións de fisioterapia, algo no que se comprometeu Coro Piñeiro para levalo a cabo.