Inicio das obras de Area Fofa

Obras en Area Fofa
O goberno municipal inicia as obras de Area Fofa, eliminando así o risco de derruba no vial desta praia, neste estado dende hai máis de quince anos, mellorando así os acceso e vías de comunicación deste area, que por primeira vez ondea bandeira azul. Así mesmo, nos próximos días, o goberno municipal iniciará a limpeza do camiño e paseo desta praia, para a súa definitiva posta a punto de cara á tempada estival.











