publicidade hoxe

Indalecio Vázquez consegue o segundo torneo de tenis de mesa de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+
Participantes no torneo

Participantes no torneo

O sábado 11 de maio o concello de Carral celebrou unha nova edición do torneo de tenis de mesa municipal. Estívose a desenvolver no pavillón de Espiño e estaba enmarcado dentro da programación deportiva municipal de primavera. Este evento deportivo non se podería levar a cabo sen a inestimable e desinteresada colaboración do Club de tenis Breogán de Oleiros, que achegou diverso material que fixo posible o éxito da xornada.

Foron un total de 10 os xogadores os que competiron ao longo de 3 e media horas que durou a competición. Nunha primeira fase de liga os xogadores enfrontáronse entre todos divididos en dous grupos de 5 contendentes. Tras dúas horas e media de partidas, só os 4 mellores de cada grupo clasificáronse para as fases finais, onde o modelo de competición era xa por eliminación directa ao perder o partido. Así, preto das 20.00 h comezou a final entre os dous xogadores máis destacados do torneo e que xa conseguiran senllas primeiras posicións nos seus respectivos grupos. José Rama (do club Breogán de Oleiros) e Indalecio Vázquez (do Cambre T.M.) disputaron así unha longa e disputada final, que rematou decantándose do lado do segundo por un apertado resultado de 11-9, 12-10 e 11-9. Para rematar, a concelleira de Cultura, Isabel López entregou os trofeos a ambos os dous contendentes.

Novas actividades

Por outro lado, a concellaría de deportes segue traballando nas numerosas actividades previstas para os próximos días. Chegando a final de mes, o día 25, terá lugar a I Carreira Vicente Otero Valcárcel, na que o número de inscritos supera xa os 120. E o día 1 de xuño terá lugar a clausura das escolas deportivas, culturais e educativas municipais, acto en que participarán ao redor de 400 alumnos/as.

Todas estas actividades continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2013.

13 de maio de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.