O Concello de Nigrán inaugura a II Exposición de Códices Antigos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNigrán
A-
A+

O Salón de Actos municipal albergará o próximo mércores 13 de maio de 2013 ás 20.00 horas a inauguración da II Exposición de Códices Antigos Concello de Nigrán, que contará coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, o escritor e fundador da editorial Ir Indo, Bieito Ledo Cabido, e o promotor desta iniciativa, Francisco Vidal, entre outras autoridades e colectivos do municipio.

A mostra contará cunha ducia de réplicas de códices tan recoñecidos como os Libros I e II das Cantigas de Santa María, Xadrez, dados e táboas e “O Lapidario”, de Alfonso X El Sabio; o Atlas de Ptolomeo; o “Breviari d’Amor”, escrito orixinariamente polo monxe franciscano Matfre Ermengaud de Beziers; o Códex Granatensis, de Tomás de Cantimpré; ou o Códice Calixtino, entre outros.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a exposición completarase con máis de 30 obras da literatura galega contemporánea, entre as que figurarán exemplares de Rosalía de Castro, o Padre Feijoo e Emilia Pardo Bazán, entre outros, así como curiosidades documentais como as primeiras etiquetas coñecidas do viño tostado de Valdeorras, únicas en Galicia, ou os estatutos fundacionais da Compañía Anónima da Toxa.

13 de maio de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.