Implicadas organiza o club de lectura do libro “En vías de extinción” de María Reimóndez en Santiago
Implicadas organiza un novo club de lectura social, será arredor do libro “En Vías de Extinción” coa compaña da súa autora María Reimóndez.
En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de extinción é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.
Data: Xoves, 23 de maio.
Hora: 20h.
Lugar: Libraría Lila de Lilith (R/da Travesa,7, Santiago de Compostela)











