IIº Campus S.D. Xove F.S. de Fútbol Sala Mixto e Iº Campus de Porteiros “Stop Goles”
Hoxe tivo lugar a presentación do IIº Campus Fútbol Sala Mixto e do I º Campus de Porteiros “Stop Goles” nun acto celebrado ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove. Neste acto de presentación participou o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado polo Directivo da S.D. Xove F.S. Antonio Rey.
O Alcalde na súa intervención expresou a súa satisfacción pola posta en marcha destes importantes eventos deportivos, mostrando o apoio do Concello á S.D. Fútbol Sala Xove na celebración de ambos os dous campus.
O Campus de Fútbol Sala Mixto celebrarase do 8 ao 12 de Xullo, ambos os dous incluídos, e está dirixido a nenos e nenas que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas, que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación.
En canto ao I º Campus de Porteiros “Stop Goles” desenvolverase a continuación do anterior, do 15 ao 18 de xullo.
Sobre ambos os dous campus, achegamos información anexa (cartel e tríptico do Campus de Fútbo Sala e cartel do Campus de Porteiros).
Os interesados en inscribirse ou obter máis información poden facelo dende hoxe mesmo chamando ao 672 09 66 09, mandando un correo electrónico a sdxovefs@gmail.com ou seguindo as instrucións que se indican nesta páxina web www.xovefs.es.











