publicidade hoxe

II Xornada Galega de enogastronomía “Xornadas de portas abertas nas rutas do viño de Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

Coincidindo coas II  Xornadas de portas abertas nas Rutas dos viños de Galicia, o concello de Vedra organiza pola súa Ruta do Viño  Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla, as II Xornadas enogastronómicas, que contan cun programa especial gratuíto:

“Ruta guiada por Vedra”

Visitando: Destilería Aguardientes de Galicia, Coto e Ponte Colgante de Ximonde, Adega Valdés, Ponte Gundián, Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e Pazo de Galegos.

A visita desenvolverase en xornada de mañá e de tarde. Os participantes que o desexen poderán gozar dos menús que o Restarurante Villa Verde, adherido á Ruta do viño de Vedra.

Reserva de prazas no tel. 981 814612 ou en casadospeons@concellodevedra.com ata o 30 de maio.

Punto de encontro: Centro de Dinamización e Promoción Municipal “Casa dos Peóns” ás 11:00 h. GPS:  42.790309  -8.444015

29 de maio de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.