Torneos de fútbol e ruta BTT en Vedra
I Torneo de Fútbol Base San Mamed Sub-10 e Sub-12
Os días 1 e 2 de xuño celebrarase no campo de fútbol de San Mamede.
O día 1 será a quenda dos Sub-12 e o día 2 os Sub-10 organizado polo C.D SAN MAMED en colaboración co concello de Vedra.
Serán dous días de competición dende as 9:00 h. ata as 20:00 h. no que pasarán por San Mamede máis de 400 nenos/as distribuídos nos 32 equipos que participan no torneo.
Torneo de Fútbol Sala Intermunicipal de Outes
Os días 1 e 2 de xuño o equipo Vente Vindo – Reale representará ao Concello de Vedra neste torneo.
III Ruta Btt de San Xulián
O 2 de xuño a Asoc. Cultural Deportiva Raiolo organiza esta ruta que terá unha distancia de 40 km aproximadamente e será de dificultade física media, e técnica alta.











