publicidade hoxe

I Torneo de Fútbol 8 en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRianxo
A-
A+

Esta fin de semana, 11 e 12 de maio, disputarase no Campo de Fútbol Municipal de Vilas o I Torneo de Fútbol 8, organizado polo C.D. Unión. Mais de 500 pequenos deportistas de entre 6 e 12 anos, pertencentes a 40 clubs, competirán nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

O torneo, dará comezo o sábado ás 9:30 h. da mañá e ó longo de todo o día xogaranse as liguiñas das categorías benxamín e alevín, divididas en 4 grupos de 4  equipos cada unha (16 equipos benxamíns e 16 alevíns) .

O domingo pola mañá disputaranse as previas do torneo prebenxamín, no que participan 8 equipos, divididos en 2 grupos.

O domingo pola tarde está reservado para as semifinais e finais das distintas categorías, rematando o torneo ás 19:30 h.

9 de maio de 2013 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.