publicidade hoxe

A conferencia “Quen coida ó coidador”, mañá, na I Escola de Doentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A I Escola de Doentes celebra este venres ás 20h na Sala Valdecorvos da Casazul a conferencia “Quen coida ó coidador”, impartida por unha representante da Asociación Galega de Residencias de Ancians de Iniciativa Social (Acolle).

A presente iniciativa, incluida dentro do programa HEDRA, facilita un espazo de achegamento para doentes crónicos, familiares e profesionais como medio para o intercambio de puntos de vista, información, formación e coñecemento.

Este intercambio de experiencias e sentimentos, nacido por petición do Colectivo de Afectados pola Fibromialxia, impartirá cada venres conferencias destinadas a tódolos públicos afectados por enfermidades crónicas.

O próximo venres Francisco José Vizoso, xefe de Epidemioloxía, falará sobre a “Perspectiva da saúde e da enfermidade na sociedade” ás 20h na Sala Valdecorvos da Casazul.

30 de maio de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.