Homenaxe ao escritor Xosé Agrelo Hermo en Esteiro
O pasado venres 17 de maio con motivo da día das Letras Galegas tivo lugar a tradicional ofrenda floral no busto que o escritor Xosé Agrelo Hermo (1937-2006) ten na alameda de Esteiro (Muros). O acto foi presentado pola actor Rodrigo Molinos e contou coa actuación do grupo de gaiteiros de Cando e do cantante Xosé Ramón Núñez. Asistiron tamén familiares do escritor, como a viuva Soledad Romero.