Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no Día das Letras Galegas
A programación de Maio, mes da lingua, para o venres 17 de maio é:
• Partidas simultáneas de xadrez, na Praza de Santa María. A partir das 10h.
Organiza Asociación de Veciños Santa María e Escola de Xadrez de Pontevedra. Colabora o Concello de Pontevedra.
• Acto popular en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, na praza de Curros Enríquez. Recital Poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asociación Sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra. Ás 20.00h
Organiza a Asociación Sociocultural O Burgo.