publicidade hoxe

Grande participacion na homenaxe a Eduardo Prieto en Parada de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaParada de Sil
A-
A+
Descubrimento da placa conmemorativa

Descubrimento da placa conmemorativa

Máis de 200 veciños participaron nun emotivo acto de homenaxe ó profesor Eduardo Prieto Casares no concello de Parada de Sil.  O acto comezou as 12 horas coa intervención do Alcalde na que  puxo de manifesto que un pobo que se coñece e se recoñece é un pobo vivo e o mellor  sitio para  elo é a recuperación da memoria.

En dito acto presentouse o libro do profesor, “ Folliñas que levou o tempo” Contos da Ribeira Sacra, no que como dixo o alcalde os contos non son contos senón cousas que pasaron ou  que pasan.

No acto  o profesor emérito da Brown University Antonio Carreño, fixo unha glosa do homenaxeado do que salientou a  conexión nos seus escritos coa  intrahistoria do s pobos de Parada de Sil, que en poucos anos sufriron unha transformación profunda e non son o que eran pero son.  Para Parada de Sil contar co profesor Antonio Carreño é un orgullo .

Proxectouse un vídeo de recordos do homenaxeado no que partindo dos recordos da infancia na Casa De Viana chegouse a ata actualidade pasando polos estudios na Universidade de Salamanca e na Pontificia de Roma. Fíxose entrega dunha placa de recordo.

Durante o acto a Coral Vellos Amigos fixo unhas magníficas  interpretacións, coral que  ademais durante a colocación da Placa na casa do escritor  cantou o himno galego coa emoción de todos os presentes.

Veciños e veciñas disfrutaron  uns da compañía dos outros e recordaron vivencias  do pasado na compañía de Eduardo Prieto.

No acto tamén se fixo entrega do premio do 1º Concurso de  Microrrelatos  concello de Parada de Sil-Ribeira Sacra coa presencia de todo o xurado e dando lectura os dous relatos ganadores polas escritoras, a quen o alcalde agradeceu a súa asistencia.

13 de maio de 2013 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.