publicidade hoxe

Gondomar homenaxea a súa veciña máis lonxeva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalLocal Portada
A-
A+
O rexedor felicitando a Carmen Fajo

O rexedor felicitando a Carmen Fajo

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Patricia Durán, participaron na homenaxe que o Concello de Gondomar ofreceu o pasado 17 de maio á veciña máis lonxeva do municipio, Carmen Fajo Alonso, coincidindo co seu 104 aniversario.

Carmen, acompañada do seu xenro e bisnetas, recibiu de mans de Fernando Guitián e Patiricia Durán, en representación de todo o goberno municipal, un ramo de flores nun emotivo acto que tivo lugar na súa casa, na parroquia de Donas.

Carmen Fajo Alonso naceu en Gondomar en 1909 e sempre residiu na parroquia de Donas. Rexentou durante moitos anos unha das tendas do lugar e, co tempo, tamén abriu un bar no lugar. Por todo, Carmen Fajo, veciña moi coñecida na parroquia, conta co cariño e respecto dos seus veciños.

20 de maio de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.