publicidade hoxe

Gondomar conmemora o Día das Letras Galegas cunha mañá de ‘teatro lido’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomarLocal
A-
A+

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, a Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar, que dirixe Ignacio Troncoso, organiza e colabora con distintas actividades co fin de conmemorar esta festividade.

Ás 12.00 horas, a Concellaría organiza unha mañá de ‘teatro lido’ na praza Paradela. A Escola de Teatro da OMIX de Gondomar será a encargada de poñer voz a diversos textos, creación todos eles do homenaxeado destas Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Ás 12.45, será a vez para a música co concerto, tamén na Praza Paradela, da banda de música Agrupación Musical de Vincios que interpretará pezas musicais de distintos autores galegos.

Pola tarde, o teatro seguirá sendo protagonista nesta xornada dedicada a Vidal Bolaño. Nesta ocasión, a Concellaría de Cultura colabora na programación teatral deste ‘Mes das Letras’ co espectáculo que terá lugar ás 19.00 horas no Auditorio Lois Tobío. As compañías Vichelocrego, Non sí? Teatro, Tranghallada e Bertorella representarán ‘Unha vida dramática’.

13 de maio de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.