publicidade hoxe

Gondomar adhírese ao programa de teleasistencia da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Concello de Gondomar adhírese ao programa de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Fernando Guitián, alcalde do municipio, asinou, xunto a outros 44 rexedores pontevedreses, o convenio polo que Gondomar seguirá contando con este servizo financiado, na actualidade, por Deputación e Concello.

A Administración Provincial cubrirá o 34% do custe, cun orzamento de 163.000 euros. O restante 66% será financiado polo Concello, mentres que os usuarios tan só deberán de asumir unha pequena parte, en función da modalidade adoptada.

Este Programa está dirixido  ás persoas maiores e dependentes que se atopan soas ou pasan a maior parte do día sen compañía, e necesitan duns coidados. Deste xeito, o servizo de teleasistencia ofrece as garantías dunha atención permanente permitindo a estas persoas permanecer nos seus fogares.

24 de maio de 2013 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.