Gañadores do XXI Concurso Literario Xaime Illa de Poio
Na tarde de onte martes 7 de maio reuniuse o xurado do XXI Concurso Literario Xaime Illa. presidido pola concelleira de cultura Silvia Díaz Iglesias e integrado polos representantes das asociacións SCD Raxó, SCD Samieira, Ateneo Corredoira de Combarro, Boureante de San Xoán e Vides Novas de San Salvador, que compoñen o Consello Municipal de Cultura.
Logo dunha longa deliberación, na que se valoraron os 142 traballos presentados, (segundo os criterios que se recollen na acta adxunta) o fallo do xurado é o que se relaciona a continuación:
GAÑADORES E GAÑADORAS DO XXI PREMIO LITERARIO XAIME ISLA COUTO
– Categoría A: de 6 a 8 anos.(diploma, lote de libros e 70 euros)
Poesía: Deserto
Relato: A_R05, Laura Isabel Casalderrey García (6 anos – San Xoán- CEIP Isidora Riestra)
– Categoría B: de 9 a 11 anos*. (diploma, lote de libros e 70 euros)
Poesía: B_P09, Uxía Castro Peón (11 anos, Lourido – CEIP Lourido)
Relato: B_R08, Belén Quintillán Rey (11 anos – Chancelas – CEIP CHANCELAS)
– Categoría C: de 12 a 13 anos*. (diploma, lote de libros e e 70 euros)
Poesía: C_P13, Paula Pereira Míguez (11 anos – Viñas – CEIP Viñas)
Relato: C_R02, Paula Pereira Míguez (11 anos – Viñas – CEIP Viñas)
– Categoría D: de 14 a 15 anos.* (diploma, lote de libros e 70 euros)
Poesía: D_P02, Carmen Ansín Vallejo (14 anos, Raxó – IES de Poio)
Relato : D_R01, Carolina Muñiz Calvo (15 anos, Combarro- SEK Atlántico)
– Categoría E: de 16 a 18 anos.* (diploma, lote de libros e 90 euros)
Poesía: E_P06, Cristina Carballa Rosales (16 anos, Raxó – IES de Poio)
Relato : E_R07, Patricia Pérez Lores (17 anos, Samieira- IES de Poio)
– Categoría F: de 18 a 25 anos.* (diploma, lote de libros e 300 euros)
Poesía: F_P11, Xosé Manuel Esperante Davila (38 anos, Pontevedra)
Relato: F_R12, Rosalía Pazos Pintos (24 anos, Lourido -Poio)
O consello municipal de cultura da os seus parabéns non só a todos os gañadores e gañadoras, aos que empraza ao acto de entrega de premios que se celebrará o 17 de maio ás 17:30 h. no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, senón a todos os participantes, e traslada tamén o seu agradecemento ao profesorado dos centros educativos de Poio, pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento deste concurso.











