publicidade hoxe

Francisco Mourelo presenta o XXVII Gran Premio Cantones de A Coruña “XI Challenge Mundial de Marcha”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Francisco Mourelo na presentación

Francisco Mourelo na presentación

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, acompañado polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentou esta mañá o XXVII Gran Premio Internacional Cantones de Marcha, unha proba que forma parte do ‘IAAF Race Walking Challenge’ e que se celebrará este sábado 1 de xuño, nun circuíto urbano de 1 quilómetro (ida e volta), con saída e chegada na zona do Obelisco, no Cantón Grande. Paralelamente, celébrase o II Circuíto ‘Josefina Romero’ e o Campionato de España de Veteranos de 10 e 5 quilómetros.

“Este fin de semana A Coruña volve converterse na capital mundial da marcha sendo a única proba da Challenge IAAF de Marcha 2013 que se celebra en España. Antes xa pasou por México, Australia, China, Xapón, Mauricio, Italia, Eslovaquia e Guatemala. Tras A Coruña, a Challenge concluirá en Moscú, Rusia,” detallou o concelleiro que anunciou que a proba contará coa participación de 40 marchadores e 27 marchadoras: “Como nas pasadas edicións, á competición acudirán os mellores especialistas do momento e as mellores marcas. Así, na cidade poderemos ver figuras como Jared Tallent, Isamu Fujisawa ou Joao Vieira; e aos españois Álvaró Matín Uriol, Campión de España de Marcha en Ruta; Luis Alberto Amezcua; o seis veces olímpico Jesús García Bragado; Juan Antonio Porras; José Ignacio Díaz; ou Iván Pajuelo. En categoría feminina marcharán Beatriz Pascual, quinta clasificada nos Xogos Olímpicos de Londres, Ana Cabecinha, Inés Henriques, Julia Tackas, Tanya Holliday ou Lorena Luaces,” destacou.

Os atletas, que representan 18 países (Austalia, Brasil, Colombia, República Checa, China, El Salvador, Eritrea, España, Francias, Gran Bretaña, Italia, Xapón, México, Polonia, Portugal, Sudáfrica, Túnez e Ucraína) tomarán a saída ás 18.30 horas (categoría feminina) e 18.50 horas (categoría masculina).

“Trátase dunha das grandes citas desta disciplina atlética a nivel mundial. Na cidade esta proba celébrase dende o ano 1987 e sempre foi de grande atractivo para os deportistas, tanto polo nivel dos competidores que acoden cada ano coma polo deseño do circuíto que permite mellorar tempos persoais e bater récords”, concluíu.

28 de maio de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.