publicidade hoxe

Formación e actividades da Aula CeMIT de Boiro durante o mes de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+

No mes de xuño vanse realizar na Aula CeMIT de Boiro  9 cursos sobre novas tecnoloxías e informática onde os/as usuarios poderán aprender o manexo de novas ferramentas en liña.

Para a formación que se vai impartir na aula durante o mes de  xuño as persoas interesadas en asistir a formación poderán inscribirse a partir do luns 20 de maio, poden facer a inscrición nos cursos de xeito presencial, por teléfono (981842635), ou a través da páxina web da rede CeMIT http://cemit.xunta.es

Os 3 primeiros cursos van dirixidos a poboación xeral con coñecementos básicos de informática e Internet. Polas mañas Crea e manexa a túa conta en Twitter, Crea un perfil en Facebook (O obxectivo de crear a conta en Facebook e conectar aos usuarios/as coas súas amizades e seguir os medios de comunicación e manexar o panel de control da plataforma) Retoque de fotografía dixital.  Polas tardes:  Procesador de textos Writer.

Un curso de creación de Blogs, destinado a mulleres relacionadas co mundo do téxtil e a moda, onde o tema principal dos Blogs serán os deseños propios das participantes.

Os outros 4 cursos van dirixidos a un dos grupos de persoas con maior risco de exclusión no eido das novas tecnoloxías, as persoas maiores de 60 anos, nesta ocasión, os maiores poderán asistir en 4 grupos diferentes polas tardes nos que aprenderán o manexo de un editor de fotografía.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.boiro@xunta.es

16 de maio de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.