Fin de semana plagado de éxitos do deporte xovense

Ascenso a 2ª división do Club Natación Xove
Intenso fin de semana deportivo o vivido en Xove, no cal o deporte xovense acadou importantes éxitos, tanto no que atinxe ao deporte municipal coma o dos distintos clubes.
O fin de semana comezou co ASCENSO A 2ª DIVISIÓN DO CLUB NATACIÓN XOVE. Emocionantísima a xornada vivida este pasado sábado 4 de maio na piscina municipal de Xove, onde 6 equipos (USC, C.N. Monforte, C.N. Vilagarcia, C.N. Salnes, C.N. Mos y C.N. Xove) se xogaban o ascenso á 2ª división. Comezou esta intensa xornada ás 10:30 horas en sesión matutina, acabando a mesma cunha puntuación moi axustada, iso sí, xa encabezada polo C.Natación Xove. A partires das 17:30 horas producirse a hora da verdade, xogándose os equipos o todo polo todo. Chegando ao final, sabíase que as probas de relevos ían ser fundamentais e ahí o Club Natación Xove non fallou, conseguindo manter a primeira posición. Se hai algo que se poida destacar, ademáis da gran actuación de tódolos nadadores/as do Club, foi o apoio dos afeccionados e dos nadadores do Club que non interviron nesta emocionante xornda; incansables dende o inicio da competición, levaron ao equipo á victoria e ao ASCENSO A 2ª DIVISIÓN. Xunto a Club Natación Xove, ascende tamén o C.N. Salnés como segundo clasificado.
CLASIFICACIÓN:
1º C.N. XOVE 666,0 PUNTOS
2º C.N. SALNES 658,0 PUNTOS
3º C.N. MONFORTE 650,0 PUNTOS
4º USC 644,0 PUNTOS
5º C.N. MOS 370,0 PUNTOS
6º C.N. VILAGARCIA 357,0 PUNTOS
Continuamos agora coas competicións desenvolvidas pola ACD Xove, en tenis de mesa e en atletismo.
O equipo de tenis de mesa da ACD participou este sábado 4 no Campionato Provincial celebrado en Vilalba, acadando importantes resultados:
– Equipo Cadete “A”, formado por Mateo Meitín E Carlos Cociña: CAMPIONS PROVINCIAIS.
– Equipo Cadete “B” formado por Rodrigo Rouco E Moisés Folgueiras: SUBCAMPIONS PROVINCIAIS.
– Categoría Cadete Feminina, formado por Rocío Duarte E Rosalía Veiga: CAMPIONAS PROVINCIAIS.
No que respecta a atletismo, o equipo da ACD participou no Campionato Provincial de Atletismo en Pista celebrado este domingo en Lugo, acadando os seguintes resultados:
Categoría Alevín Masculino:
-Diego Fernández: 3º en triatlón (Velocidad 60m /Salto de Lonxitude/Lanzamento de Peso)
-Ángel Otero: 4º EN TRIATLON
Categoría Infantil Masculino:
-David Otero: 5º EN 3.000 m. Lisos
-Íker Fernández: 5º EN 1.000 m. Lisos / 5º en Velocidade 80 m.
Xa o domingo 5 de maio, dende as 17:30 horas desenvolveuse nun ateigado Pavillón Municipal de Deportes o CAMPIONATO PROVINCIAL FASE ESCOLAR E PROMOCIÓN de Ximnasia Rítmica, coa participación de 10 equipos de toda a Provincia. A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, que representaba ao noso Concello neste Campionato, participou no mesmo con 3 equipos, dous na Fase Provincial Escolar (equipos alevín e infantil) e un na Fase Promoción (equipo senior). Pois ben, dous dos tres equipos conseguiron auparse ao medalleiro final: o equipo Infantil conseguiu proclamarse SUBCAMPIÓN na súa categoría dentro da Fase Escolar; pola súa banda, o equipo Senior acadou a TERCEIRA POSICIÓN na súa categoría dentro da Fase de Promoción.