Fin de semana do motor en Nigrán coa II Motoxuntanza 20 Uñas e I Rallye de Regularidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalNigrán
A-
A+

Nigrán acollerá este fin de semana dous eventos vinculados ao mundo do motor, que congregarán a persoas afeccionadas a este ámbito, coa celebración da II Motoxuntanza 20 Uñas e o I Rallye de Regularidade Concello de Nigrán. Os participantes nestes eventos, procedentes principalmente de Galicia e Portugal, terán a oportunidade de coñecer dende as estradas os cantos máis atractivos do noso municipio, e do Val Miñor.

Tras o éxito da pasada edición, a Sociedade Deportiva e Cultural 20 Uñas congregaranse en Praia América a partir deste venres, nun encontro que se prolongará ata o próximo domingo. Ao longo do fin de semana, os participantes realizarán rutas en moto polos lugares con máis encanto de Nigrán e do Val Miñor. Os amantes das motos, pola súa banda, poderán gozar de exhibicións variadas, acompañadas de boa compañía e música ambiente.

I Rallye de Regularidade

Por outro lado, a xornada do sábado acollerá o I Rallye de Regularidade Concello de Nigrán, organizada polo Club de Clásicos e Populares do Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, a autoescola Doblada e Locatel. O evento congregará máis de 70 vehículos, con punto de partida e chegada no ámbito do Torreiro de As Angustias.

A carreira de regularidade é un tipo de competición principalmente dirixida a automóbiles, na cal os participantes deberán realizar un percorrido determinado nun tempo o máis próximo posible aos establecido pola organización desta. Nestes rallys, os participantes son controlados en distintos puntos da carreira -puntos descoñecidos para eles-.

Algúns tramos do percorrido previsto pola organización son o ámbito do parque empresarial Porto do Molle e estradas de Camos. Neste sentido, a organización informa que entre as condicións establecidas para este tipo de competición destacan a prohibición de superar o límite de velocidade establecido para os viais polos que circulan, así como freadas abruptas ou deter o vehículo preto das zonas de toma de tempos.

9 de maio de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.