publicidade hoxe

Fin das Actividades Municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Co remate do curso escolar, o Concello de Cabanas tamén vai finalizando as súas actividades municipais, tanto de rapaces como de adultos. Unha das actividades que servirá para rematar estas actividades terá lugar o próximo venres, 31 de maio e consistirá nunha despedida para os participantes nas actividades de nenos e nenas.

O acto levarase a cabo no Pavillón Polideportivo de San Martiño de Porto a partir das 15:30 horas. Neste acto faráselle entrega dunha fotografía de grupo das actividades as que asistiron. No mesmo tamén participará o ANPA O Castiñeiro que terá un detalle con todos os nenos e nenas que tomaron parte nas actividades extraescolares durante este curso 2012-2013.

Posteriormente, o día 7 de xuño, farase a inauguración na Escola Laica dunha exposición de todos os traballos que se realizaron nas diferentes actividades municipais durante o ano. O acto terá lugar ás 20:00 horas. Quen desexe acudir a esta exposición de traballos tamén o poderá facer logo entre o 8 e o 14 de xuño, en horario de 10:30 a 13:30 horas de mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.

29 de maio de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.