Festas de San Eleuterio en Tella, no Concello de Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPonteceso
A-
A+

23052013-4

Tella, no Concello de Ponteceso, vístese de gala esta fin de semana para acoller as festas de San Eleuterio. Os festexos darán comezo o sábado 25 de maio cunha gran verbena a cargo da orquestra Ciudad de Vigo e o grupo Acirema; mentres que na xornada dominical, o 26 de maio, a festa comezará de mañá, ás 13.00 h, coa misa solemne na honra a San Eleuterio. Tras o oficio relixioso realizarase un pasarrúas con gaiteiros ao que proseguirá a sesión vermú, que correrá a cargo da orquestra encargada de amenizar a verbena, Ciudad Cristal.

O luns, 27 de maio, terá lugar a misa solemne na honra á Virxe das Dores ás 13.00 h. seguido do pasarrúas con gaiteiros.

23 de maio de 2013 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.