Festa do Cristo en Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño celebra o domingo 9 de xuño a Festa do Cristo na Praza do Castelo.
A partir das 11.00 h. comezará o pasarrúas a cargo da Banda de Música. Ás 12.00 h. terá lugar a misa solemne con procesión e, ao remate, concerto da Banda de Música de Salvaterra e Banda de Gaitas Pontenova.
A partires das 19.00 h. a Banda de Música de Salvaterra ofrecerá un novo concerto. A verbena correrá a cargo das orquestras Alcazar e Miramar.