Festa de San Xoán en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCerdedoLocal
A-
A+

O Concello de Cerdedo comunica aos veciños que, como consecuencia da crise económica mundial que tanto lle afecta aos concellos de Galicia, decidírase suspender a celebración do San Xoán, a pesar de que esta situación persiste, quíxose atender ás numerosas peticións recibidas o ano pasado para realizar a festa, polo que novamente se retoma a organización da celebración, dirixida a todos os veciños do Concello, establecendo un prezo por persoa de 3 euros.

Por iso, dende o Concello queren que todos compartan con ledicia esta celebración que tan boa acollida tivo sempre por parte de todos.

Programación para o domingo 23 de xuño:

-Ás 21.30 h. comezará a festa, en torno á praia fluvial na que haberá sardiñas asadas, churrasco, pan e viño.

-Ás 24.00 h. da noite queimarase o Meigallo na Fogueira de San Xoán. Continuando de seguido co festexo amenizado por un dúo musical.

Os tickets poderanse retirar nas oficinas do Concello ou na propia festa. Os rapaces/as menores de 12 anos gratis.

29 de maio de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.