Ferrol recupera a Ruta da Construción Naval coincidindo coa festividade das Letras Galegas
A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol recupera a Ruta da Construción Naval pola ponte da festividade do Día das Letras Galegas. Así, o obxectivo desta iniciativa é que tanto os ferroláns como as persoas que visiten a cidade nestas datas poidan coñecer o complexo naval e militar da nosa ría, polo que a ruta de turismo industrial será reactivada os días 17, 18 e 19 de maio.
Para as visitas guiadas ao Arsenal poderanse adquirir os tickets na oficina de Turismo da dársena de Curuxeiras, onde comezará o percorrido militar ás 10:30 horas. No caso de Navantia, o city-tren sairá da Praza de Galicia -xunto ao Teatro Jofre- ás 11:50 horas e os tickets poderán ser adquiridos no mesmo city-tren. En ámbalas dúas visitas será necesario realizar unha inscrición previa na oficina de Turismo de Curuxeiras, ou ben chamando ao teléfono: 696 531 070.
Outras visitas
Ademais, durante este días poderanse visitar, pero sen guía, outros elementos da Ruta da Construción Naval coma o Castela de San Felipe, o Museo Naval e Exponav.