Ferrol incrementa a colaboración co colectivo de mulleres de etnia xitana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, reuniuse cun colectivo de mulleres de etnia xitana do barrio de Caranza, que está asociado á entidade de Cáritas. Na xuntanza, a edil informou a este grupo de mulleres dos recursos formativos e outras actividades que se levan a cabo nas diferentes áreas do Concello de Ferrol.

Unha das primeiras intervencións que se realizará no local do colectivo, situado no barrio de Caranza, será a charla impartida por un técnico de emprego, na que ofrecerá orientación laboral aos interesados e interesadas. Ademais, este colectivo elabora diferentes obradoiros para o desenvolvemento integral das mulleres xitanas, entre os que se atopan o de costura, cociña, lectura, manualidades e apoio escolar para conseguir o título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

8 de maio de 2013 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.