publicidade hoxe

Ferrol conmemora o 40 aniversario da irmandade entre a cidade naval e Vila do Conde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol recupera os actos institucionais de irmandade coa cidade portuguesa de Vila do Conde con motivo da conmemoración do 40 aniversario do enlace entre poboacións. Os actos conmemorativos serán mañá sábado, dando comezo ás 13:00 horas, e comprende diversas actividades.

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá a recepción oficial á delegación de Vila do Conde que terá lugar no Pazo Municipal ás 13:00 horas. Así, no acto de recepción os representantes da Cámara Municipal da cidade portuguesa recibirán agasallos de recordo e asistirán ás actuacións do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, que interpretará o Himno Galego; e do Rancho da Praça que representará o Himno das Rendilheiras.

Xa pola tarde terá lugar o concerto conmemorativo do 98 aniversario da fundación do Real Coro Toxos e Froles ás 20:30 horas no Teatro Jofre onde actuarán as Cantigas da Terra, Rancho da Praça e o Real Coro Toxos e Froles. Ademais, farase entrega da letra da foliada “Ferrolada” ao Concello de Ferrol e estrearase dita foliada.

 

31 de maio de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.