publicidade hoxe

Ferrol asina o convenio de colaboración para a celebración do XXVI Ferrolterra Pantín Classic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o presidente do Club Praia de Pantín, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a organización e celebración do XXVI Ferrolterra Pantín Classic. No acto de sinatura tamén estivo presente a concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.

Na súa intervención, o primeiro edil da cidade destacou a importancia que ten patrocinar un evento como o surf, que é un deporte con moitos seguidores na nosa cidade. Así, o rexedor municipal salientou que este campionato “pon en valor o noso magnífico patrimonio natural, un reclamo turístico moi importante para todos nós”. Rey Varela definiu o Pantín Classic como un factor importante para “consolidar a marca Ferrol a través da súa repercusión internacional”, ao tempo que lembrou que o ano pasado o evento deportivo recibiu a Insignia de Ouro da cidade de Ferrol.

Nesta edición, o Pantín Classic ten a intención de reinventarse e ampliar a proxección do deporte dentro do surf. A novidade máis destacado deste ano é a aposta polos máis novos a través da proba de Pro Junior que será do 24 ao 28 de agosto. Así, a organización realizará actividades musicais e para nenos/as; ademais ampliará a hostalería, dando valor aos produtos galegos e facendo aos participantes coñecedores da nosa gastronomía. O campionato mundial feminino volverá a contar con seis estrelas mentres que o masculino terá tres e o Pro Junior, dúas. As competicións mundiais disputaranse entre o 26 de agosto e o 1 de setembro. Pola súa parte, o presidente do Club Praia de Pantón, agradeceu ao Concello de Ferrol a achega ao campionato, que este ano é de 28.500 euros.

14 de maio de 2013 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.