publicidade hoxe

Ferrol acollerá este sábado a primeira regata de remo olímpico preparatoria do Campionato Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, acompañada polo delegado do Club de Remo A Cabana, Eugenio Meizoso, presentou hoxe a Regata de Remo Olímpico preparatoria do Campionato Galego – Trofeo Cidade de Ferrol que se celebrará este sábado, día 25, a partir das 16:30 horas. Esta será a primeira regata dunha liga que se desenvolverá ata o mes de xuño en outras localidades para preparar a competición galega.

O evento deportivo está organizado polo Club de Remo A Cabana e patrocinado pola área de Deportes do Concello de Ferrol. “Inicialmente prevíase a participación de dez clubs pero por un imprevisto de última hora serán oito ou nove equipos os partícipes desta regata” sinalou Susana Martínez. Así, a edil quixo felicitar ao club organizador pola iniciativa e desexoulle moita sorte na competición xunto co outro equipo da cidade naval. “Non quero deixar pasar esta oportunidade para lembrar que dende esta Concellería seguiremos apostamos por tódolos deportes e moi especialmente polos relacionados co mar” engadiu.

A regata disputarase na modalidade de banco móbil para a categoría alevín, infantil e cadete tanto masculina como feminina. Así, os alevíns disputarán os 500 metros mentres as outras dúas categorías percorrerán 1000 metros. Esta competición acollerá aos seis clubs de remo da comarca de Ferrolterra: San Felipe, A Cabana, Cedeira, Ares, Mugardos e Narón; ademais do Club de Regatas Perillo e o Club de Remo Puebla.

23 de maio de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.