Falamos de Dislexia, o próximo venres en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller organiza a charla Falamos de dislexia. Terá lugar o próximo venres 10 de maio no Centro Neural de Gondomar, ás 20.00 horas.

Contará coas intervencións de Cristina Porto González (Vicepresidente de AGADIX, Asociación Galega de Dislexia); Mónica Villar Guisado (neuro psicóloga) e Mª Carmen Rodríguez de Dios (logopeda).

A entrada será gratuíta ata completar aforamento e está destinada ao público en xeral.

7 de maio de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.