publicidade hoxe

Expostas as listas provisionais dos solicitantes de praza para as escolas infantís municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que dende hoxe xa se poden consultar as listas provisionais de admitidos, a lista de agarda e a lista de desestimados dos solicitantes de praza para as escolas infantís municipais para o curso escolar 2013/2014 que estarán expostas ata o día 29 de maio para as reclamacións pertinentes.

A partires do 30 de maio publicaranse as listas definitivas e a información correspondente aos prazos e documentación necesaria para formalizar matrícula os admitidos.

As listas están publicadas no taboleiro de anuncios do Edificio Administrativo do Concello, na Concellería de Educación situada no Centro de Convivencia Uxio Nononeyra, e nas catro escolas infantís municipais.

16 de maio de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.