Exposicións permanentes da VIII Semana do Libro e a Lectura no Pazo da Cultura
A VIII Semana do Libro e a Lectura inclúe una exposición realizada cos materiais achegados polos centros de ensino de Carballo inspirados polo lema desta edición: “A toda máquina”. Esta mostra está acompañada dunha exposición de libros cedidos por distintas editoriais e pola mostra “Parafusos, alambiques e birleques” cedida pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O horario de visita é de 10.00 a 14.00 horas para os centros de ensino que participan nos obradoiros da Semana do Libro e de 18.00 a 20.00 horas para o público en xeral.











