Exposición en Palas de Rei “Economia verde e desenvolvemento rural. Aproveitemos os nosos bosques”
Ata o día 9 de maio pódese visitar en Palas de Rei a exposición itinerante “Economía verde e desenvolvemento rural. Aproveitemos os nosos bosques”. O horario de visitas é de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h na Sala Polivalente da Casa Consitorial de Palas de Rei.
Con motivo da celebración do ano internacional dos bosques, esta exposición afonda realidade dos ecosistemas naturais, en particular dos bosques como un ben natural con funcións protectoras productivas que deben ser conservados para futuras xeracións.
Mediante esta exposición composta de once paneis informativos o expectador pode obter información de como os ecosistemas forestais en España ocupan unha superficie de máis de 26 millóns de hectáreas das cales case 15 millóns están arboradas. Tamén a través de esta exposición se da conta do “Proxecto de desenrolo Forestal sostentable 2013” unha iniciativa da PEFC España coa cofinanciación do Ministerio do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e os fondos FEADER. Un Proxecto , este, co que se crean instrumentos pilóto de Planificación Colectiva de Gestión Forestal Sostenible. Tamén o visitante se pode familiarizar con aspectos como: a certificación forestal, a certificación de cadena de custodia, a gestión forestal sostenible ou as compras responsables de productos foresais.