publicidade hoxe

Exposición de pintura no Centro Antena de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

O Centro Antena acollerá até o próximo 7 de xuño unha exposición de pintura integrada polas obras dos alumnos da escola municipal de pintura, nos horarios habituais destas instalacións.

As técnicas, así como os formatos e temáticas son moi variados, desde o gravado ao debuxo, pasando por pintura ao óleo, acrílica, gouache, pasta de papel, etc. Nas escolas municipais, cada alumno expresa as súas inquietudes dunha maneira individual, resultando así unha exposición en grao sumo heteroxénea e variada

En canto ás idades dos artistas, existe unha parte dedicada aos nenos, que oscilan entre o seis e os doce anos. No que ao grupo de adultos refírese, as idades oscilan entre os veintitantos e o oitenta anos. Neste último grupo coexisten alumnos noveis con outros cun alto grao de experiencia, pero todos co seu nivel de destreza e coñecementos pictóricos, participan na mostra.

27 de maio de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.