publicidade hoxe

Exposición “18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín” no Hotel Casino de Chaves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

O Hotel Casino de Chaves acolle do 17 ao 31 de maio a exposición ’18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín’, unha mostra colectiva de artistas dos dous municipios, organizada pola Associação Chaves Viva, Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves e Concello de Verín.

Participan nesta exposición de artes plásticas nove artistas flavienses e nove verinenses, amosando cada un deles dous dos seus traballos: Agostinho da Silva, Alfredo Cabeleira, Dinis Ponteira,  Fernanda Reis, Leonel Santos, Nuno Duque,  Priscila , Ricardo Costa, Sílvio Manuel, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Iolanda Rodríguez, Karma Gösbur, Marilar Salgado, Santamarina e Xosé Rivada.

Tras visitar o Centro Cultural de Chaves, a exposición tamén visitará a Biblioteca Municipal de Valpaços e a Casa do Escudo de Verín, seguindo as liñas establecidas por Chaves Viva. A inauguración será mañá 17 de maio, ás 19.30 horas (horario español) no Hotel Casino de Chaves.

Esta iniciativa pretende retomar a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, dada a enorme riqueza existente no territorio da Eurocidade de artistas plásticos, co obxecto de apoiar, fomentar e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais, a través da realización de exposicións comúns de artistas flavienses e verinenses, que xa forman parte do programa de actividades culturais da Eurocidade e Chaves Viva.

16 de maio de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.