Expertos alemáns visitan Paideia para avaliar o programa de integración de mozos en Galicia
A Fundación Paideia e a asociación DELOA participaron este venres 26 de abril nun encontro cun grupo de 11 expertos alemáns que traballan en concellos (Alcaldesa de Klein-Gaglow), axencias de emprego, asociacións culturais e educativas, axencias de desenvolvemento rexional, etc, con motivo da celebración da xunta directiva de DELOA no concello de Porto do Son.
A Presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, e o Director de Proxectos da Fundación, Guillermo Vergara, saudaron os expertos e intercambiado impresións con eles durante a xornada de hoxe. Na xornada tamén estiveron presentes os alcaldes de Porto do Son e Padrón, os que mantiveron un debate coa delegación alemá entorno a futuras vías de colaboración transnacionais en desenvolvemento rural, así como ao seguimento e avaliación do programa de mobilidade de mozos entre Galicia e Alemaña.
Durante a súa estanza, a delegación visitará varios proxectos financiados polo programa LEADER: Padel Noia (Noia), Talleres Picón (Noia), Centro de día (Lousame), e Retablo de Camboño (Lousame), así como numerosos establecementos da rede de turismo rural RURALOVER: Casa do Prado (Boiro), Casa do Zuleiro (Outes), Fogar do Selmo (Urdilde), Hotel Casa Rosalía (Brión)… Os servizos de transporte son realizados por Trébore Transporte, tamén pertencente á rede.
Os expertos, que chegaron o pasado mércores a Galicia, están a levar a cabo unha completa axenda de traballo que finalizará o próximo sábado. Onte xoves tivo lugar a recepción oficial na sede da Fundación Paideia na Esclavitude (Padrón). Durante a mañá, a delegación alemá asistiu a diferentes relatorios relacionados con temas de interese mutuo, entre elas “A formación profesional en Galicia” impartido por Antonio León, asesor da área de Formación de adultos da Consellería de Cultura, Educación e OU (Xunta de Galicia), e “As políticas de emprego” impartida por Teresa Bernal, Xefe de servizo da DX de Orientación profesional da Consellería de Traballo e Benestar Social. Así mesmo, persoal técnico da Fundación e de Deloa presentaron o territorio e os proxectos nos que actualmente están a participar ambas as dúas institucións. Pola tarde, o grupo desprazouse ás instalacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, para realizar unha visita a este. A continuación a delegación trasladouse a Mera (A Coruña) para coñecer as instalacións da empresa de economía social Trébore Jardinería.
O sábado o grupo de expertos reunirase cun grupo de mozos alemáns que actualmente se encontran participando no proxecto de mobilidade IDA.
No que respecta á parte social do programa, os expertos visitarán Santiago, Coruña, Porto do Son, Portosín e Rianxo.
DELOA
A Asociación de Desenvolvemento Local Deloa celebrou hoxe venres no concello de Porto do Son unha reunión da súa Xunta Directiva, presidida por Dña, Rosalía Mera e Luis Oujo, alcalde de Porto do Son.
Entre outros temas, informouse os asistentes do estado de situación e tramitación dos 29 proxectos que están actualmente en activo. Destes, sete están xa finalizados e once en fase de execución. A posta en marcha destes proxectos supoñerá a creación de48 novos postos de traballo e a consolidación doutros 50.
En relación ao proxecto de cooperación Interritmos, do que a Asociación Deloa é o grupo coordinador, e que pretende a recuperación de música tradicional informouse das datas e lugares de celebración dos certames de música tradicional. Estes terán lugar o 15 de xuño no Auditorio Municipal de Rianxo, o 21 ou 22 de xuño no de Padrón e o 13 de julioen o de Porto do Son. Estes eventos servirán de plataforma para a promoción e revalorización de músicas tradicionais.











