publicidade hoxe

Éxito de público no Festival de Teatro de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTouro
A-
A+

Máis de 200 amantes do teatro acudiron este fin de semana ao Festival de Teatro de Touro. A cita gozou do respaldo do público. A programación teatral foi intensa. A estrea correu A Cargo da Escola Municipal de Laxe e do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

A Escola de Teatro do CPI de Touro foi a protagonista da tarde. Participou nun Roteiro Teatral polo Pazo de Andeade, unha construción nobre do século XVIII que hoxe funciona como establecemento de turismo rural, onde o público tamén formaba parte da interpretación e se integraba na obra. A fotografía que acompaña este texto é dese Roteiro Teatral polo Pazo de Andeade. Pola tarde interpretaron as súas obras as Aulas de Teatro Antón Losada Diéguez da Estrada e do C.P.I. de Touro. O Concello de Touro inclúe na súa programación cultural este festival de teatro para fomentar entre os máis novos o gusto polas artes escénicas.

13 de maio de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.