publicidade hoxe

Estudantes alemáns visitan Gondomar nun intercambio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+
Grupo de estudantes de intercambio

Grupo de estudantes de intercambio

27 estudantes, acompañados de dúas profesoras, da cidade alemá de Nagold visitan desde o pasado luns Gondomar, nun intercambio organizado polo I.E.S. Auga da Laxe.

Fernando Guitián, alcalde do municipio, e Paula Bouzós, concelleira de Educación recibiron a estes 5 rapaces e 22 rapazas, no pasado luns, na Casa da Cultura.

Desde entón, os alumnos de entre 16 e 17 anos, percorren o municipio sen esquecer os lugares de obrigada visita en Galicia; como son as Illas Cíes ou a Catedral de Santiago, entre outros.

Ademais deste tempo de diversión, tamén toman clases cos seus compañeiros gondomareños e participan en distintas actividades e talleres nos que aprenden, entre outras cousas, a elaborar unha tortilla española.

Dende o Concello destácase a importancia deste tipo de iniciativas. A intención de alumnos e profesores é que a experiencia teña continuidade e que estudantes de Gondomar poidan realizar futuros intercambios.

15 de maio de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.