publicidade hoxe

Este venres terá lugar o tradicional Desfile presentación da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalLugo
A-
A+

O  Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Oscar Engroba, presentaron hoxe o Desfile presentación que organiza esta entidade que se celebra este venres 24 de maio ás 11 da noite.

Díaz Grandío eloxiou o labor que fai esta asociación, xa que organiza moitas actividades deportivas vinculadas ó basket, en todas as categorías. Unha desas vías para obter recursos por parte da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón é, precisamente, o Desfile presentación que serve de broche da temporada e terá lugar a partires das 23.00 horas na sala BOE.

Segundo explicou Oscar Engroba, o Desfile presentación “é unha festa que aproveitamos para facerlle un recoñecemento ós equipos de baloncesto que este ano fixeron un grande papel e que farán diversos sorteos entre os asistentes de material deportivo cedido polos equipos máis importantes da cidade”.

Tamén anunciou que nel van participar numerosas persoas, entre modelos e xogadores, que farán seis pases de roupa cedida por distintas tendas da cidade.  O espectáculo completarase con sorteos de roupa e unha actuación musical e o prezo das entradas é de 5 euros.

III Campus Multideporte

A Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón tamén organizan o III Campus Multideporte que se vai celebrar en dous turnos, un entre o 25 e 29 de xuño e o segundo entre o 1 e o 5 de xullo nas instalacións do Polideportivo O Palomar e a Área Recreativa Os Robles. Vai dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2007. Durante estes días os nenos e nenas realizarán diversas actividades deportivas, talleres e excursión. O número de prazas é de 150 prazas por turno que serán otorgadas por orde de inscrición ata o 10 de xuño.

22 de maio de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.