publicidade hoxe

Este mércores remata o curso de ximnasia de mantemento organizado polo Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+
Participantes nas clases de mantemento

Participantes nas clases de ximnasia de mantemento

Este mércores, 15 de maio, finalizan as clases do curso 2012/2013 de ximnasia de mantemento que se estivo realizando desde outubro no Pavillón Municipal de Deportes de Catoira.

Un total de 18 persoas asistiron ás sesións impartidas por un monitor deportivo, nas que traballaron a ximnasia funcional, estiramentos, elasticidade, flexibilidade e o xogo colectivo. As actividades programáronse tendo en conta as necesidades e o perfil do alumnado, que contaba cunha media de idade de 60 anos.

As clases impartíronse os luns e mércores de 19:00 a 20:30 horas.

Esta actividade, que se vén realizando desde hai varios anos, é organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello co fin de fomentar entre as persoas maiores unha práctica continuada de exercicio físico que lles permita mellorar a súa calidade de vida, ó mesmo tempo que se favorece o establecemento das relacións sociais entre a veciñanza.

14 de maio de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.