Este fin de semana remata o VI concurso de tapas do Concello de Fene
O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, por sexto ano consecutivo organizou un Concurso de Tapas, con elo se espera fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.
O VI CONCURSO DE TAPAS DE FENE se iniciou o día 3 de maio e remata este domingo 2 de xuño
Os que non tiveron a oportunidade de pasar por algún dos 27 locais participantes poden facelo este Venres de 20:00 a 22:00 horas, Sábado de 13:00 a 15:00 h ou de 20:00 a 22:00 e o domingo de 13:00 a 15:00 horas
As tapas do concurso están servindose de modo gratuíto.
Na SELECCION DAS TAPAS GAÑADORAS diferenciase:
TAPA POPULAR
Este premio o está decidindo o público para o que se elaborarou un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.
Aquel cliente que deguste tódolas tapas participantes no concurso está tendo a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa, e entrar no sorteo de premios. Só é válida a FENERRUTA se está selada plos 27 establecementos participantes no concurso.
TAPA TRADICIONAL E TAPA CREATIVA
Un xurado de recoñecido prestixio está sin previo aviso degustando as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha.
Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.
Os PREMIOS SERÁN:
Premios para os clientes(o sorteo se fará o día da entrega de premios):
-Entre todos os votantes que selen toda a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:
Unha VIAXE de venres a domingo a Londres (A.D.) ou a Mallorca (P.C.) para dúas persoas. Datas a elixir, excepto en xullo, agosto e festivos. Premio por cortesía de Axencia de Viaxes Volaria Fene.
Dous CURSOS DE MANEXO DE EMBARCACIÓNS, por cortesía de Escola de Formación Náutica Aldebaran. (Tasas administrativas non incluídas). Datas a convir.
MATERIAL DEPORTIVO, por cortesía de Deportes Mas Sport.
– Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:
10 BONOS DE 20 EUROS cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.
Unha BATIDORA DE VASO por cortesía de Electro Agro Fene.
PRODUCTOS DE PERFUMERÍA, por cortesía de Marta Ameneiro Perfumería.
Premios para os establecementos participantes(que non se coñecerá o propio día da entrega de premios) :
A) Para tódolos locais inscritos no concurso:
Campións:
– tapa CREATIVA: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
– tapa TRADICIONAL: trofeo un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
– tapa POPULAR: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
Subcampións:
– tapa CREATIVA: trofeo.
– tapa TRADICIONAL: trofeo.
– tapa POPULAR: trofeo.
B) Para os locais inscritos no concurso e que teñan á disposición dos clientes o viño patrocinador o seguinte premio.
Entre tódolos locais participantes que teñan á disposición dos clientes o viño que patrocina este premio, sortearase unha estancia para dúas persoas na bodega da Rioja “Solar Viejo”, por cortesía da propia marca riojera. (Cea, aloxamento, almorzo, comida e visita guiada á bodega. Datas a convir coa bodega)
Outros colaboradores: ESTRELLA GALICIA e DIPUTACIÓN DE A CORUÑA











