publicidade hoxe

Esta tarde inaugúrase a exposición Arquetipos e Metáforas, do artista Manolo Ebra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Como cada mes que comeza, o Museo Municipal de Ourense alberga novas exposicións, cumprindo co compromiso de apoio aos artistas. Desta maneira, esta tarde quedará aberta ao público a exposición Arquetipos e Metáforas, do artista ourensán Manolo Ebra. As obras, permanecerán na Sala I do Museo ata o vindeiro 2 de xuño.

A inauguración terá lugar ás 20.00 h, pero esta mañá presentouse públicamente coa presenza do Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Dirección de Espazos Museísticos, Eva Torres, e o Artista, Manolo Ebra.

Durante este mes, a Sala I do Museo da nosa cidade, terá como protagonista a técnica mixta de Ebra, que forma parte da vida artística municipal dende 2010 coas obras da serie Hieratismos Erráticos, “Home pobre”, “Home rico”, correspondentes aos números de inventario dos “Nosos Fondos”, 1212 e 1213 respectivamente. A súa obra, debulla a silueta como liña imaxinaria, e ademáis describe o espectador como o ser que aporta aspecto conceptual activando os significados que en si mesmo encerra. Manolo Ebra, nado no municipio de Porqueira, viaxou como tanto veciños seus a Lausanne en Suíza, e regresou a súa terra para desenvolver os estudos de arquitectura, que lle levan a creatividade sobre o gran formato. Ata hoxe, son máis de vinte as exposicións que levas as costas con numerosos premios, que elevan ao artista a dimensionar unha visión seriamente comprometida coa Arte puramente ourensán

8 de maio de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.