publicidade hoxe

Esta fin de semana remata a terceira edición do programa Ociourense, coa celebración da “búsqueda do tesouro” e unha andaina saudable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A terceira edición do programa da Concellería de Saúde “Ociourense” chega esta fin de semana ao seu fin, coa celebración de dúas das actividades principais do programa. Mañá sábado, a partir das 18 h. na Praza Maior dará comezo a Búsqueda do Tesouro, consistente nun xogo de pistas que premiará a rapidez e a destreza á hora de superar unha serie de probas. Esta actividade está dirixida a maiores de 15 anos, que participarán no xogo por parellas.

As parellas gañadoras recibirán bicicletas, ipods e vales de material deportivo, ademáis de diversos premios relacionados con estilos de vida saudables.

Concello de Ourense pretende, con esta iniciativa, fomentar as rutas biosaudables que combinan os beneficios dunha camiñata con paradas para o acondicionamento físico, e paralelamente amósannos a cidade na que vivimos, dentro dun ambiente lúdico.

O domingo, andaina saudable

A partir das 9 h. o domingo celébrase unha Andaina saudable, que significará a clausura do programa, e que conmemora o Día Mundial Sen Tabaco, que se celebra hoxe 31 de maio. A andaina, que consta de 10.000 pasos -a recomendación diaria para un adulto san- sairá da Alameda do Concello ás 10 h. e discorrerá pola beira do río Miño, durante seis quilómetros. Ao remate da andaina, os participantes recibirán obsequios vencellados a estilos de vida saudables.

O percorrido exacto é o seguinte: Alameda do Concello, Ponte Pedriña, Avenida Pardo de Cela, paseo Ribeiriño, Ponte Romana, pasarela do Centro Comercial Pontevella, Ribeira de Canedo, e volta pola Pasarela de Oira, Paseo de Monforte, e paseo Barbaña, con chegada de novo á Alameda do Concello. Un total de 10.000 pasos, aproximadamente son 6 kilómetros, con desnivel e dificultade baixos.

600 mozos e mozas participantes

A edición deste ano contou coa participación de 544 persoas inscritas, ás que hai que engadir os participantes nas actividades que non requiren inscripción, o que suma un total de 600 mozos e mozas.

31 de maio de 2013 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.